


























UN novo primeiro luns de mes estamos nesta praza fieis ao noso lema de
GOBERNE QUEN GOBERNE AS PENSIÓNS DEFÉNDENSE.
RETOMAMOS HOXE o tema da Revalorización das Pensións en Galicia no 2025,
conforme ao IPC/MEDIA/INTERANUAL e con efectividade do 1/01/2025. Non
tratamos este tema no mes de Febreiro debido á urxencia de abordar outros
asuntos derivados da non convalidación o 22/01/ 2025, polo Congreso dos
Deputados, do chamado Decreto Ómnibus, que e entre outros moitos temas
contemplaba a Revalorización das Pensións para o ano 2025.
Esta Revalorización, a mesma para todo o Estado, si foi convalidada no Congreso
dos Deputados na sesión do 28/01/2025, e beneficia en Galicia a 699.894
pensionistas, das que son mulleres 351.665 e homes 341.665. Comparando esta
cifra co número de pensións efectivas 782.002, dedúcese que a lo menos 83.108
pensionistas cobran en Galicia dúas pensións, cousa habitual cando se trata de
Pensións de Viuvez
O importe da Revalorización, contida no Decreto Convalidado fixa:
Un 2,8% para as Pensións Contributivas e Prestacións non Contributivas
coas seguintes variantes:
Neste primeiro luns do mes de marzo, no que de xeito lúdico celebramos o día
Internacional das mulleres e o noso sétimo aniversario na defensa dun SISTEMA DE
PENSIÓNS E SERVICIOS PÚBLICOS, acompáñannos a nosa Alcaldesa Goretti
Sanmartin, a nosa compañeira Encarna Otero e a representante no Consello
Municipal de Persoas Maiores pola Federación de Asociacións de Veciños do Rural,
Cruz Vázquez, ás que agradecemos a súa presencia
A Plataforma Pensionistas Compostela quere neste acto lembrar algunhas das
Reivindicacións que afectan ás mulleres e que non foron recollidas nin nas 20
Recomendacións do Pacto de Toledo, nin en ningunha das Medidas que conforman
os tres Bloques da Reforma das Pensións 2021 – 2023 – 2025, polo que ao non
aprobarse seguen pendentes. Estamos a falar de:
Intervención de Cruz Vázquez Veiga, presidenta de FERUSA.
Di a ONU, que as mulleres do medio rural son determinantes para a
vertebración territorial e social, e son un vector para a innovación e o
emprendemento.
Pois é verdade.
Sen embargo, no medio rural seguen vixentes escenarios de desigualdade
entre mulleres e homes de forma máis acusada que no medio urbano.
DOBRE DESIGUALDADE: por muller, e por rural.
TRIPLA DESIGUALDADE, SE SUMAMOS O FACTOR DA IDADE: por muller, por
rural e por persoa maior…
Quero lembrar aquí, moi brevemente, algúns dos problemas e deficiencias
que afectan ás mulleres rurais, e máis aínda ás mulleres rurais maiores:
A DESIGUALDADE DE DEREITOS:
A desigualdade de dereitos plásmase claramente nos derivados da
Seguridade Social ou da titularidade das explotacións.
Máis de tres cuartas partes das mulleres que figuran nas estatísticas como
“inactivas” no ámbito rural, dedícanse ao traballo da casa , non remunerado
como actividade principal, en comparación con só un 3% de homes. O que
lle chaman, tamén no entorno urbano, ser “ama de casa”.
Pero, no rural, o “traballo da casa” inclúe moitas veces a explotación
agraria, na que moitas mulleres traballan sen salario, sen seguridade social
e sen recoñecemento, porque o que está dado de alta é o home ou o fillo.
Isto lévanos ao seguinte problema:
A DISCRIMINACIÓN ECONÓMICA:
Que aquí quero deixar patente, pola súa importancia, a través do caso
concreto das hortas familiares.
As mulleres rurais son as principais cultivadoras das hortas familiares. A
produción das hortas familiares está destinada fundamentalmente ao
autoconsumo, aínda que unha parte tamén se vende no comercio de
proximidade.
Dito así, parece unha produción residual, pero esta “invisible” produción
das hortas familiares cubre unha parte substancial das necesidades de
alimentos que ten a poboación galega.
PARA QUE QUEDE CLARO: a importancia da produción obtida polas
mulleres nas hortas familiares está fóra de toda dúbida. É fundamental no
noso consumo interior e a súa magnitude económica é sorprendente, case
equiparable á do sector lácteo, considerado o máis relevante do noso
sistema agrario.
Pero ademais da desigualdade de dereitos e da discriminación económica,
hai aínda OUTROS PROBLEMAS QUE AFECTAN ESPECIFICAMENTE ÁS
MULLERES RURAIS, E MÁIS ÁS MULLERES RURAIS MAIORES, por exemplo:
A FALTA DE SERVIZOS: Aínda que o acceso aos servicios básicos nas zonas
rurais é un problema común, no rural de Galicia esta deficiencia é
especialmente grave. Sirvan como exemplo os casos dos servizos de
transporte, da atención ás persoas máis maiores ou dependentes ou dos
servizos sanitarios. Moitos dos problemas desta carencia de servizos
súfrenos particularmente as mulleres.
DETERMINADOS TIPOS DE ENFERMIDADES: Indica o Sindicato Labrego
Galego, que os Trastornos Musculoesqueléticos, que inclúen doenzas
que afectan a músculos, articulacións, tendóns e nervios, teñen unha
alta incidencia entre as mulleres labregas debido ao uso de ferramentas
e maquinaria que non están adaptadas á súa fisionomía xa que foron
concibidas para homes.
SEN EMBARGO, MALIA ESES PROBLEMAS, AS MULLERES RURAIS, E POR
SUPOSTO TAMÉN AS MULLERES RURAIS MAIORES, APORTAN Á SOCIEDADE
BENEFICIOS DE GRAN TRASCENDENCIA, entre eles:
Volvendo á relevancia das HORTAS FAMILIARES, cultivadas na súa meirande
parte polas mulleres, tal como foi comentado:
o contribúen a que neste país teñamos un medio rural máis habitado e á
xestión territorial do mesmo, xa que o interese por levar un modo de vida
determinado que inclúe o cultivo de hortas familiares para autoconsumo
é un dos factores que inflúe de maneira importante na decisión que
toman as persoas de manter a súa residencia no medio rural. Así pois as
hortas familiares de autoconsumo e quen as cultiva, as mulleres rurais,
contribúen significativamente á existencia dun medio rural habitado e
vivo.
o reducen ou mesmo eliminan o transporte de alimentos que
está causando un colosal impacto ambiental a nivel mundial.
o inflúen positivamente na calidade da dieta porque, entre outras cousas,
baséanse en produtos de tempada que se recollen maduros e non teñen
que soportar longas viaxes.
o son fundamentais para acadar a soberanía alimentaria ou polo menos
para achegarse a ela.
E OUTRO BENEFICIO IMPORTANTÍSIMO que quero destacar antes de
rematar é o resultante da PARTICIPACIÓN:
As mulleres en xeral, tamén as rurais, e nomeadamente as mulleres rurais
maiores , empregan máis tempo que os homes na participación en
asociacións, organizacións e todo tipo de actividades sociais. Por exemplo
en asistir a reunións do colexio, levar ás fillas e fillos aos centros médicos
ou facer xestións diante das administracións ou bancos. Pero tamén en
actividades como excursións, obradoiros e eventos dos centros
socioculturais, reivindicacións do movemento veciñal…
É DICIR, E REMATO:
Lonxe dos focos e das cámaras, as mulleres rurais, incluíndo as mulleres
rurais maiores, desenvolven un “traballo-non-traballo”, que non é
remunerado nin recoñecido, pero de incalculable interese social e
comunitario.
Un “traballo-non-traballo” altamente participativo, implicado, empático e
xeneroso, voluntario. Silencioso pero diario, cotiá. VALIOSÍSIMO.
E NON PORQUE O DIGAN OUTROS cando o recoñecen en homenaxes
puntuais que romantizan a vida de “mulleres rurais maiores”, e que nos
queren contentar facendo de nós heroínas uns poucos días ao ano, ao xeito
de idealizadas “súper- avoas”,
SENÓN PORQUE NÓS SOMOS PLENAMENTE COÑECEDORAS da nosa valía,
e somos nosoutras as que decidimos conscientemente asumir ese decisivo
papel que nos atribúe a ONU, vertebrador e emprendedor, no sentido máis
amplo de ámbalas dúas palabras, UN ROL ACTIVO E PROACTIVO.
En fin, no día de hoxe é necesario que saibades que:
AS MULLERES RURAIS MAIORES NON TEMOS MEDO, e moi especialmente
non temos medo a “gastarnos”.
Pero, o que non queremos é “desgastarnos”.
E para iso precisamos que se nos faciliten os medios e servizos, AS
FERRAMENTAS, para que a nosa esencial achega sexa máis satisfactoria e
proveitosa,
PARA NÓS MESMAS E PARA O CONXUNTO DA SOCIEDADE.
MOITAS GRAZAS!!
III ENCONTRO DE “A VOZ DAS PLATAFORMAS”
Como nos encontros anteriores de “La Voz de las Plataformas” queremos participar compartindo as nosas reflexións e as nosas experiencias.
Se no primeiro encontro reflexionabamos sobre a construción da unidade e no segundo bosquexabamos unha posible estrutura organizativa, hoxe trasladamos o convencemento de que calquera unidade estrutural é imposible. Mais isto non é unha declaración derrotista, é simplemente a exposición dunha realidade a que propoñemos enfrontarnos con pragmatismo.
Vimos reiterando que é fundamental cimentar o Movemento de Pensionistas nas dinámicas de traballo das distintas plataformas e converxer na acción unitaria puntualmente cando as circunstancias o requiran. Cremos que o noso activismo como Plataformas de Pensionistas debe comezar polo máis local, participando en todos os espazos de socialización posibles e tamén nos institucionais, combinando pedagoxía e reivindicación. As culturas organizativas, das que somos herdeiros todas e todos, chocan coa teimuda realidade dunha sociedade que impón os seus ritmos e unhas estruturas de poder que teñen perfectamente engraxados os mecanismos de disolución de calquera contestación. Sen embargo, as organizacións sociais seguen coas súas estratexias atávicas desa cultura á que nos referimos, formulando sempre a unidade como unha adhesión e atrapados en dinámicas burocráticas de control sen deixar de mirar nunca ao horizonte da hexemonía. Ao final dilúese o Movemento e queda só a punta desa estrutura insistindo en negociar en base a unha representatividade que o interlocutor sabe que non ten. Por iso a única opción é un espazo de encontro capaz de concertar accións puntuais.
A nosa proposta céntrase na acción das plataformas, en fortalecer a dinámica local. Fundaméntase en tres ideas básicas:
Compostela marzo de 2025
Un novo primeiro luns de mes estamos nesta praza fieis ao noso lema de
GOBERNE QUEN GOBERNE AS PENSIÓNS DEFÉNDENSE.
Tocaba hoxe falar da Revalorización das Pensións no 2025 en Galicia, ao telo feito respecto
do Estado na concentración de Xaneiro. Pero o acontecido o pasado 22/01/2025 que
supuxo a non Convalidación do Decreto 9/2024 coñecido como Decreto Ómnibus, revocado
por 177 votos en contra (PP, JUNTS e VOX) e 171 a favor, OBRIGOUNOS a MUDAR esta
Intervención, ante a Alarma, Rabia, Indignación e Frustración que produce, unha vez máis
que as Pensións sexan moeda de cambio e crispación entre o Goberno e os partidos
políticos antes citados, que, LEMBREMOS, sempre votaron en contra da Reforma das
Pensións de 2021 – 2023 .
Estes partidos amosan ter nula capacidade de entendemento e negociación, o que os leva a
montar Circos como o do pasado 22/1/2025, situándose con elo de costas os verdadeiros
intereses dos cidadáns.
O voto negativo á Revalorización das Pensións tiña como consecuencia inmediata que a
nómina de xaneiro, ao estar vixente aínda o Decreto, incorporara a Revalorización, pero non
o faría, de non mediar deus ou demo, a nómina de febreiro, que se cobraría cos importes
correspondente o ano 2024.
Esta noticia fíxonos cavilar, como era posible que algo que xa estaba aprobado pola lei
20/2021 da Reforma das Pensións e afecta a preto de 12 millóns de pensións e case a 10
millóns de Pensionistas, podía ser cuestionada e revocada! É unha broma de mal gusto
que non se entende nin se admite, salvo que todo valga para cargar contra o Goberno.
Como ao parecer toda a culpa foi dese “Decretazo”, pasaremos a falar do seu contido.
Tiña 101 artigos,15 disposicións adicionais e 15 disposicións finais, isto é, ocupaba 140
páxinas do BOE, que contiñan 80 medidas moi variadas referidas a materias moi
distintas. O que non implica, como ao parecer pensan os que o tombaron (PP,VOX,JUNTS),
que sexa Ilegal, Inusual ou Irregular. Pola contra, forma parte da “Xerga Legal” que utilizan
os distintos Gobernos, estatais ou autonómicos, cando así o consideran pertinente. É o
caso das chamada “Leis de Acompañamento Orzamentario”, das que é un bo exemplo a Lei
de Acompañamento dos Orzamentos de Galicia para 2025, un claro exemplo de
farragosidade, mestura de normas e disposicións que aproban e derrogan outras moitas,
que nada teñen que ver cos Orzamentos.
O que si é certo e debe recoñecerse, é que normas destas características precisan ben de
maiorías absolutas ou dun forte consenso, cousas que non tiña o Goberno cando o levou
ao Congreso o pasado 22/01/2025.
Por este motivo cabe cualificar este tipo de normas de” Inoportunas” politicamente
falando, ao levar implícito que ou todo se aproba ou todo se tomba, ao non ser posible
aprobar as medidas por temas e de xeito separado. Tan so engadir que tal Decreto,
oportuno ou non, tampouco cabe ser tachado de Manipulador, Oportunista ou de Trágala
tal como fixeron quen nestes días falaban en nome do PP,JUNTS OU VOX.
CINCO escenarios eran posibles tras tombar o Decreto Ómnibus:
1) Volver a presentalo coma estaba, postura que defendeu Sumar
2) Fraccionalo en varios como propoñían outros grupos
3) Non facer nada como parecía indicar o Presidente do Goberno, ao dicir que eles xa
cumpriran
4) Esperar a que se aprobara a proposta de Lei que o PP presentou apenas unhas despois
horas de ter votado en contra
5) Non aprobar nada que propoña este Goberno como afirmou o Sr Abascal.
Por todo elo, con Sorpresa, Desconfianza pero á vez con alegría, recibimos a noticia de
que o Consello de Ministros do día 28 de Xaneiro, aprobara un novo Decreto, fragmentado,
do Ómnibus, consensuado con JUNTS, e que ao parecer conta co apoio do PP, cousa
Incríbel de ser certa. A cambio, iso si, e a proposta de JUNTS, o Presidente do Goberno
someterase a “unha moción de confianza” que so terá un “valor político” ao carecer de
“efectos xurídicos” para o presidente, quen non queda obrigado a dimitir de ser o caso
Estamos de novo ante outra función do Circo, na que, como nos teñen acostumados,
haberá gritos, insultos e aplausos para os que interveñan. Non conectemos a Radio nin a
TV, de sobras sabemos de que va todo isto! So resta dicirlle ás súas Señorías
POR FAVOR, SENTIDIÑO, COAS PENSIÓNS NON SE XOGA.
O novo Decreto contén 28 Medidas claves, que entraron en vigor o xoves día 30 de
Xaneiro e será de novo levado ao Congreso para a súa Convalidación, os Pensionistas
estaremos atentos e esperamos non ter Sorpresas.
O DECRETO DEIXA FÓRA por diversos motivos e para futuros Decretos cando menos as
seguintes materias:
REFLEXIÓN E POSICIONAMENTO EN RELACIÓN COA CONSTRUCIÓN
DUN ESPAZO UNITARIO PARA A DEFENSA DUNHA VELLEZ DIGNA
En coherencia co que vimos reiterando sobre a construción dun
movemento unitario cimentado nas dinámicas de traballo das distintas
plataformas, en relación coa construción dun espazo que sume esforzos par
reivindicar un modelo de Servizos de Residenciais para unha vellez digna,
expresamos a nosa vontade de converxer nunha acción unitaria e facemos as
seguintes consideracións e propostas:
• Cremos que o noso activismo como Plataforma de Pensionistas debe
comezar polo máis local, participando en todos os espazos de socialización
posibles e tamén nos institucionais, combinando pedagoxía e reivindicación.
Sabemos que é necesario canalizar todo iso para construír o Movemento,
primeiro en Galiza e despois no Estado, con todas as alianzas posibles, mais
pensamos que debe ser con estruturas o suficientemente flexibles para que, nin
as distintas culturas organizativas nin as inxerencias interesadas, podan
dinamitalas. E tamén para evitar o que acostuma a pasar, que quede só a punta
dunha estrutura insistindo en negociar en base a unha representatividade que o
interlocutor sabe que non ten.
• Todas as persoas que participamos no Movemento a través das distintas
Plataformas, compartimos a indignación polas inxustizas e as múltiples estafas
sociais, mais toda mobilización social require estratexias. As campañas de
mobilización non poden ser accións puntuais, deben estar enmarcadas
nunha acción a longo prazo. Parece que as organizacións políticas e sociais
transversais, ás que lles correspondería planificar a estratexia global e canalizar
a mobilización social, non están cumprindo esa función. As razóns son moitas e
moi complexas para analizar aquí. Mais a solución non está en que cada sector
pretenda suplir esa carencia manifestándose por todo en todo momento. Iso xera
confusión, dilúe a loita e esgota as nosas forzas e os nosos recursos. Cremos
que a acción máis eficaz é acudir cada primeiro luns de mes ás concentracións
nas Prazas de cada localidade, mantendo a constancia. A nosa capacidade de
presión mídese polo número de persoas que acudamos ás concentracións. A
nosa forza está na resistencia. Unha dinámica de denuncias permanentes e
diversas sería coma unha inflación que remata desvalorizando as denuncias e a
loita en si. Debemos sumarnos, iso si, ás convocatorias de mobilizacións que
fagan outros sectores e convocalos cando nós fagamos as nosas. Ademais de
participar nas organizacións sociais e políticas transversais que consideremos.
En case todos os sectores dos servizos públicos existen plataformas de defensa,
mantelas vivas esixe moito esforzo e constancia e ás veces perdemos a
paciencia, mais a solución non é fuxir cara diante creando espazos novos para
suplilos. Un espazo coma o que se propón ten que ser de confluencia de outros
espazos para accións unitarias puntuais.
• A reivindicación dunha vellez activa e dun modelo de Residencias
humanizado con servizos que garantan a dignidade das persoas maiores, entra
de cheo na nosa loita por un Sistema de Pensións Público e solidario, na loita
pola dignidade das persoas maiores. Mais, aínda que estea relacionado, temos
que separar, Residencias e Servizos de atención ás persoas maiores, da
dependencia en xeral. Centrarnos no que nos afecta máis directamente como
pensionistas e maiores. Do mesmo xeito, temos que separar a loita polo servizo
da loita sindical do persoal traballador. Aínda que obviamente teña relación e lle
prestemos o noso apoio.
Por tanto:
• Pensar o grupo como un espazo de confluencia de Plataformas e
Asociacións diversas que estean relacionadas co tema. Isto implica que as
persoas que acudan a este espazo deben facelo en representación desas
entidades que desenvolven o seu activismo na súa localidade. A dinámica que
se propuxo no primeiro encontro supón centralizar as decisións nun grupo un
tanto ventureiro que non potencia a participación, ao contrario invalídaa. Ten que
ser un espazo de confluencia transparente e representativo.
• Marcarse como obxectivos desta alianza, recoller e canalizar a denuncia
pública e xudicial, cando haxa base, que chegue das distintas localidades. Da
realidade concreta. É a mellor maneira de poñer en evidencia a corrupción
institucionalizada e a absoluta falta de interese polo benestar e a dignidade das
persoas, as mentiras repetidas e a diverxencia crecente, mesmo co modelo
recomendado pola Unión Europea. Ao mesmo tempo debemos promover a
elaboración de propostas.
• Por último, pedimos algo de serenidade. Non entendemos esta
precipitación en crear unha asociación sen un debate profundo en cada unha
das Plataformas Locais ou entidades que queiran participar. Trátase dun proceso
que debe implicar debate e toma de decisións, única maneira de promover a
participación consciente e a mobilización social.
En conclusión, propoñemos:
• Comezar un proceso de debate en todas as Plataformas e Asociacións e
organizacións relacionadas co tema dos Servizos de Residencias e
Atención ás Persoas Maiores, sobre a creación deste espazo de alianza
que canalice unha acción unitaria en Galiza.
• Celebrar unha reunión con 2 representantes de cada unha destas
organizacións e establecer as bases de funcionamento e a estrutura
organizativa elixindo responsables da coordinación e da representación.
• Rolda de prensa posterior con representación de todas as entidades que a
constitúan para presentala en sociedade con un manifesto que recolla os
obxectivos e a denuncia do que pasa nas Residencias e nos Servizos de
atención e coidados ás Persoas Maiores.
Sabemos que isto obriga a reconsiderar e reiniciar, mais foi todo un tanto
precipitado e non puidemos ter o debate interno para fixar a nosa posición e
proposta antes. Mais, para que salvar a frustración, propoñemos reconverter a
rolda de prensa prevista para xaneiro na presentación do manifesto por parte de
todas as organizacións. Pódese retomar o manifesto e a rolda de prensa que se
fixo en Compostela polo día do maltrato ás persoas maiores na que quedamos
un moi sos. Pois despois de que se consensuou un manifesto asinado por:
Plataforma Pensionistas Compostela, MODEPEN (Movemento Galego pola
Defensa das Pensións e dos Servizos Públicos), Vellez Digna (Asociación
galega de Familiares e Usuarios de Residencias), REDE (Federación de
Familiares e Usuarias de Residencias e da Dependencia), TREGA (Asociación
de Traballadoras e Traballadores de Residencias), ASFAREBA (Asociación de
Familiares da Residencia de Barreiro e das Residencias de DomusVi), CRAPD
(Asociación de Familiares e Usuarias de Residencias Públicas), convocouse aos
medios a unha Rolda de prensa para presentar o manifesto e estabamos
Gonzalo de MODEPEN e a COORDINADORA da Plataforma Pensionistas
Compostela. Non o dicimos co ánimo de reprochar nada, sabemos que é difícil,
mais isto non pode volver a suceder. Pódese presentar o Manifesto coas
actulizacións que sexa necesario para denunciar o tema coincidindo con que se
vai volver tratar a moción no Parlamento.
Compostela 22 de decembro de 2024