Comunicados da Plataforma e de Madó Domínguez pronunciados na concentración do día 6 de abril de 2026 na Praza do Obradoiro.

Intervención de Madó polo Día Internacional da Muller

Publicado en Comunicados | Deixa un comentario

Fotografías da concentración o 6 de abril de 2026 na Praza do Obradoiro que dedicamos ó día da muller.

Publicado en Galeria fotos | Deixa un comentario

Concentración na Praza do Obradoiro o día 2 de marzo de 2026 da Plataforma Pensionistas Compostela xunto coas plataformas asistentes ó IV Encontro Grupo Colaborativo A Voz das Plataformas

Publicado en Galeria fotos | Deixa un comentario

Roteiro polo barrio de Sar o día 23 de febreiro de 2026.

Para visitar e coñecer a súa orixe e evolución.

Publicado en Actividades | Deixa un comentario

Asemblea da Plataforma Pensionistas Compostela o día 6 de febreiro de 2026 celebrada no CSC de Fontiñas.

Coa seguinte orde do día:

  1. Balance do pasado ano 2025.
  2. Información da organización e desenvolvemento do
    IV Encontro do Espazo Colaborativo, “A Voz das
    Plataformas” e de actividade aínda en proceso.
  3. Propostas de actividade a desenvolver en 2026.
  4. Outros.
Publicado en Galeria fotos | Deixa un comentario

Fotografías da concentración na Praza do Obradoiro o día 2 de febreiro de 2026.

Publicado en Galeria fotos | Deixa un comentario

Comunicado da concentración na Praza do Obradoiro do día 2 de febreiro de 2026.


Un novo primeiro luns de mes estamos nesta praza fieis ao noso lema de
GOBERNE QUEN GOERNE AS PENSIÓNS DEFÉNDENSE!.
HOXE falaremos das “ Medidas que mudan ou se aplican por primeira vez no ano
2026”, todas elas recollidas nas disposicións legais que conforman os tres bloques
da Reforma das Pensións, que citamos a continuación:

  • Lei 21/2021 que ten por obxecto Protexer o poder adquisitivo das pensións e
    Reforzar a sostibilidade do sistema, ameazado polas numerosas xubilacións da
    xeración dos “baby boomers”.
  • O Real – Decreto – Lei 2/2023 que ten por obxecto Recoller as medidas que actuarán
    para reducir o gasto en pensións ou sobre as cotizacións para lograr maiores
    ingresos
  • O Real – Decreto- Lei 11/2024 que ten por obxecto Recoller a xubilación parcial e
    a compatibilidade entre traballo e pensión, para facela máis flexible e acorde cos
    tempos actuais.
  • O Real- Decreto- Lei 402/ 2025 que Regula a xubilación no caso de profesións de
    risco, altamente demandada por los sindicatos.
    1) A primeira medida é a referida á “Nova Idade Ordinaria de Xubilacións”, que
    conforme a lei 27/2011, aprobada polo goberno de Zapatero, elevou de xeito anual e
    progresivo a que estaba vixente, de 65 anos. En consecuencia, a nova idade
    ordinaria de xubilación no 2026 pasa a ser 65 anos para os traballadores que
    cotizaran cando menos 38 anos e 3 meses ou 66 anos e 10 meses para quen cotizou
    menos tempo, coas seguintes salvedades.
  • Para o caso da xubilación anticipada voluntaria, ao poderse adiar sobre a ordinaria
    un máximo de 2 anos, a idade de xubilación no ano 2026 pasará a ser de 63 anos
    para os traballadores que cotizaran 38 anos e tres meses, e de 64 anos e 10 meses
    se cotizaron menos tempo.
  • Para o caso da xubilación anticipada forzosa, ao poderse adiar sobre a ordinaria un
    máximo de 4 anos, a idade de xubilación no 2026 pasará a ser de 61 anos para os
    traballadores que cotizaran 38 anos e 3 meses, e de 62 anos e 10 meses se cotizaron
    menos tempo.
  • Para o caso da xubilación parcial, con contrato de relevo, ao poderse adiar sobre a
    ordinaria un máximo tres anos, a idade de xubilación no ano 2026 pasará a ser de
    62 anos para os traballadores que cotizaran 38 anos e 3 meses ou de 63 anos e 10
    meses se cotizaron menos tempo.
  • Para o caso da xubilación parcial sen contrato de relevo, a idade de xubilación no
    ano 2026 coincidirá coa ordinaria de xubilación.
    Elevar ou non a idade de xubilación foi sempre un tema polémico que enfrontou ao
    goberno e os sindicatos, de aí que a actual proposta sobre a súa elevación a partir
    do 2027, tal como apuntan noutros países europeos, non estea exenta de debates .
    Segue a estar sobre a mesa de negociación a posibilidade de ligala á esperanza de
    vida.
    2) A segundo medida, refírese ao” Novo Modelo Dual para o Cálculo das Pensións “
    recollida no Real-Decreto- Lei 2/2023, que creou unha gran polémica por parte dos
    que afirman que suporía reducir os importes das pensións de xeito oculto, ao ser
    evidente que canto máis longo sexa o período a ter en conta e máis variadas e
    dispares as cotizacións, menores serán os correspondentes importes das futuras
    pensións.
    Este novo modelo de cálculo implica que a Seguridade Social, a partir do ano 2026
    e ata 2037, fará dous cálculos con períodos diferentes, para logo, de oficio, aplicar o
    que estime máis beneficioso para o traballador. No Primeiro cálculo utilizaranse os
    últimos 25 anos como ata agora, e no Segundo serán os últimos 29 anos podendo
    descontarse os 2 con peores cotizacións, polo que de feito teranse en conta os
    últimos 27 anos. A súa implantación será paulatina: 4 meses por cada ano e ata o
    ano 2044, no que xa só estará vixente este último cálculo.
    Para o ano 2026 utilizaranse por primeira vez 25 anos e 4 meses.
    Para a ministra Elma Saiz, este novo método de cálculo é máis realista e ten en conta
    as carreiras de cotización actuais, non sempre homoxéneas nin lineais, o que vai
    beneficiar claramente ás mulleres, aos traballadores temporais e a aos que sexan
    despedidos preto da xubilación.
    Cómpre ter presente que segue a estar sobre a mesa de negociación ter en conta
    como período de cálculo toda a vida laboral
    3) A terceira medida refírese á “Integración das Lagoas de Cotización“ que tanto
    afecta ás mulleres, ao ser quen máis as presentan ao longo da súa vida laboral,
    derivadas de licencias, permisos por coidados ou períodos inactivos. A integración
    consiste en que a S. Social atribúe a períodos sen cotizacións as bases mínimas
    vixentes neses anos, para así poder integralas co resto, evitando que as pensións
    salgan penalizadas e axudando a acadar os 15 anos de cotización mínimos
    obrigatorios para ter dereito ao 50% da pensión, sen que elo implique engadir anos
    cotizados.
    Esta medida aplicarase namentres a Fenda de Xénero das pensións supere o 5% e
    facilita que as mulleres acaden unha pensión contributiva.
    4) A cuarta medida é a “Cota Solidaria “, contida no segundo bloque da Reforma no
    Real – Decreto – Lei 2/2023. Aplícase dende o ano 2023 aos soldos que superen a
    base máxima de cotización, que antes non cotizaban. O seu importe no ano 2026
    será do 1,15% , incrementándose de xeito progresivo ata chegar ao 6% no ano
    2.045, no que está previsto deixe de aplicarse.
    Esta Cota creouse para dotar ao sistema de pensións de maiores Ingresos ante as
    numerosas xubilacións das xeracións dos Baby Boomers, dado o carácter
    Interxeracional do sistema de pensións. O seu importe recae maioritariamente sobre
    as empresas ao pagar estas 5 veces máis que os traballadores, debido ao carácter
    redistributivo que a lei confire ao Sistema Público de Pensións.
    5) A quinta medida refírese ao chamado ”Mecanismo de Equidade Interxeracional”
    que veu substituír ao derrogado “Factor de Sostibilidade” previsto na Reforma de
    Raxoi. Está recollido no primeiro Bloque de medidas da Reforma da lei 21/2021 e
    ten como obxectivo protexer o poder adquisitivo dos futuros pensionistas ao estilo
    dun seguro colectivo cara o futuro, dado o carácter Interxeracional do sistema de
    pensións.
    Entrou en vigor no ano 2023 e no 2026 incrementarase ata un o,90% , este importe
    repartirase a razón dun 0,15% para os traballadores e o restante 0,75% os
    empresarios; no caso dos autónomos a pagan eles integramente. Está previsto
    mantelo ata 2032, e o que se recade irá a nutrir o chamado Fondo de Solidariedade
    ou Peto das Pensións, que funcionará como unha válvula de Seguridade no caso de
    que o gasto en pensións se incremente por riba do previsto. Calcúlase que no período
    2023-2033 se poidan recadar 50.000 millóns de euros, dos que 15 millóns ao mes
    serán aportados por Galicia .
    Este Mecanismo non estivo exento de polémica, ao entender que non reporta aos
    que o pagan ningún beneficio namentres non se xubilen, e tamén polo feito de que,
    ao proceder das cotizacións, afectará aos costes laborais o que pode desincentivar
    futuras e novas contratacións.
    6) A sexta medida é a “Compatibilización parcial da pensión co salario derivado do
    traballo“ complementadas coas melloras aprobadas no ano 2025 para a xubilación
    parcial e flexible. Ao tempo endureceranse as condicións para acceder á xubilacións
    anticipada a través dun incremento dos coeficientes redutores aplicables, a excepción
    dos casos derivados de actividades cualificadas como insalubres ou perigosas,
    contidas no Real- Decreto 402/2025 .
    7) Outra medida, a sétima, que cambia no ano 2026, é o incremento das Bases
    Máximas de Cotización, conforme o IPC/ MEDIA /INTERANUAL máis un 1,2%
    adicional, o que eleva o importe no ano 2026 a 5.101,2 euros brutos / mes.
    A medida referida a Revalorización dos Importes das Pensións, xa foi obxecto da
    Intervención do 12 de Xaneiro.
    Hoxe, a título meramente indicativo, entregamos a táboa cos importes medios e
    brutos das pensións referidos ao ano 2026, indicando que o Gasto en Pensións pode
    acadar no 2026 os 229.263 millóns de euros, que representan o 13 % do PIB e
    deles máis de 60.000 millóns non se cobren con cotizacións senón con as
    Transferencia que o Estado fai á Seguridade Social.
    Xa para rematar é importante resaltar que, tanto o MEI, a COTA DE
    SOLIDARIEDADE e a SUBA DAS BASES MÁXIMAS DE COTIZACIÓN, supoñen un
    incremento nas aportacións dos empresarios e dos traballadores, o que permitirá
    nutrir ao sistema de maiores ingresos, sen menoscabo de posibles efectos negativos
    sobre as contratacións de traballadores ao repercutir claramente nos costes laborais,
    derivados da suba das cotizacións.
    Coma calquera outro Primeiro LUNS de mes, rematamos co noso lema de
    GOBERNE QUEN GOBERNE AS PENSIÓNS DEFÉNDENSE!.
Publicado en Comunicados | Deixa un comentario

Comunicado da concentración na Praza do Obradoiro o día 12 de xaneiro de 2026

UN NOVO PRIMEIRO LUNS de mes e comezando un novo ano, estamos nesta praza fieis ao noso lema de

GOBERNE QUEN GOBERNE AS PENSIÓNS DEFÉNDENSE.

Hoxe falaremos dun tema que nos preocupa a todos, que non é outro que a “revalorización das pensións“ no ano 2026.Esta revalorización está  contida no primeiro bloque de medidas da Reforma, Lei21/2021, que establece que a 1/01/2026 as pensións, de xeito automático,incrementaranse conforme a Inflación media rexistrada, neste caso (decembro  2024- novembro 2025), o chamado IPC/MEDIO/ INTERANUAL, que para o ano 2026 seráo 2,7 %. Este incremento aplicarase a todas as pensións contributivas  e por riba delas que indicaremos expresamente, unha vez o Congreso convalide o chamadoDecreto “Ómnibus”.

A revalorización terá  como principal obxectivo manter o poder adquisitivo daspensións fronte á inflación e, de acordo coas Resolucións do Pacto de Toledo,reforzar a sostibilidade do sistema.

Aplicarase  a 10,4 millóns de pensións, contributivas e non contributivas, aos fogaresque perciben o IMV (Ingreso Mínimo Vital) e a 734.000 beneficiarios do Réxime deClases Pasivas, en total 13 millóns de prestacións. Non obstante, o IPC/MEDIA/INTERANUAL sigue  a ser contestado polo movemento pensionista, por  entender que debería aplicarse o IPC REAL, que recolle mellor a evolución da Cesta da Compra. Os seus valores  nos últimos anos foron 2,5% no 2022, o 8,5% no 2023, o 3,8% no 2024 e o 2,8% no 2025, que  elevaron o gasto en pensións nese período en 38.7000 millóns de euros.

Indicaremos agora as Principais características, diferencias e requisitos  das Pensións Contributivas  e das non Contributivas, que  compre COÑECER  xa que as   veces se confunden:

 – Para o caso das Pensións Contributivas precísase ter traballado e  cotizado  o tempo legalmente establecido. Pagaranse con cargo ás cotizacións sociais  e ultimamente tamén con cargo ás transferencias que o Estado faille á Seguridade Social. As súas contías dependen das bases de cotización e do número de anos cotizados. Poden ser de Xubilación, Incapacidade Permanente e por Falecemento,  o que da lugar as pensións de Viuvez, Orfandade e Axuda ás Familias. Como requisito básico para ter dereito precisase ter cotizado ao menos 15 anos, estar en situación de alta na Seguridade Social e cumprir os requisitos esixidos para cada tipo de xubilación.

– Para  o caso das Pensións non Contributivas precísase estar en situación de risco de exclusión social, especial necesidade ou no Limiar da Pobreza. Pagaranse con cargo ás consignacións orzamentarias que o goberno contemple anualmente para as políticas de  Asistencia Social. As súas contías dependen dos importes que o goberno acorde anualmente. Poden ser de Xubilación e Invalidez. Como requisito básico para percibilas precísase ter residido máis de 10 años en España, non ter ingresos por encima dos legalmente establecidos cada ano e non ter dereito a unha pensión contributiva.

– A título meramente indicativo recollemos os  importes  da revalorización nos diferentes tipos de pensións para o ano 2026 referidas ao Estado e a Galicia, se  ben para non facer moi farragosa a INTERVENCIÓN  referirémonos tan só a uns poucos valores:

A) No Estado as pensións contributivas revalorízanse cando menos conforme o 2,7%, dando  os seguintes importes para cada tipo de pensión.

– A pensión media de  xubilación, que perciben preto de 6,5 millóns de xubilados, acada un Importe de 1.522,23 euros/mes, 45  máis ao mes que no 2025.

– A pensión media do sistema acada un importe de 1.352,24 euros/mes, 36 máis ao mes que no 2025.

Ambos feitos son debidos ao efecto que ten no sistema de pensións a xubilación dos Baby Boomers ao incorporarse ao mesmo,  con altas e longas carreira de cotizacións.

– A pensión media de Incapacidade Permanente acada un importe de 1.244,19,

33 euros /mes, 33 máis que no 2025.

– A pensión media de Autónomos acada un importe de 1.037 euros/ mes, 27 máis que no 2025.

– A pensión media de viuvez será de 964 euros/ mes que no  caso dos autónomos situase en 682 euros/ mes

– A pensión de axuda a familias, acada un importe de 805,42 euros/ mes, 21 máis que no 2025.

– A pensión de orfandade  acada  un importe de 541,25 euros/ mes, 14 mais que no 2025.

– A pensión SOVI (Seguro Obligatorio de Vejez e Invalidez), acada  un importe medio de 653 euros/mes.

– As pensións mínimas revalorízanse un 7%, coa   excepción  das que teñan cónxuxe a cargo,  as non contributivas e as de viuvez con cargas familiares.Todas elas un ano mais,  revalorizaranse por riba do IPC/MEDIA/INTERANUAL, ata un 11,4%. co obxectivo de que ningunha quede por baixo do Limiar da Pobreza no ano 202, nun novo intento de incrementar a protección  dos colectivos máis desprotexidos e vulnerables

– A pensión mínima con cónxuxe a cargo quedará no 2026 en 1.256 euros/mes, 30 máis  que no 2025.

Ven sendo habitual que o goberno complemente  as pensións mínimas,  nos casos que non acaden o mínimo legalmente establecido, por medio do “Complemento a Mínimos” que cobran 1.236.000 beneficiarios, cun importe medio de 293 euros/mes. Este complemento  non  é consolidable e,  dado o seu carácter Revisable, pode desaparecer ou variar de  contía en función das circunstancias do beneficiario.

– As pensións  non contributivas, que perciben preto de 500.000 beneficiarios, revalorizaranse ata un 11,4%, quedando  no 2026  en 659 euros/mes, 20 euros máis que no 2025 .

– A pensión de viuvez con cargas familiares, que perciben  preto de 1.500.000 mulleres, que na súa meirande parte nunca traballaron,  revalorizarase conforme o 11,4%, quedando no  2026 en 1.127,60 euros/ mes.

A reivindicación que para o caso da pensión de viuvez formula o Movemento Pensionista consiste en  que, para o  cálculo do seu importe se teña en conta o 100% da base reguladora e non o 52% ou o 60%  que se aplica hoxe,  ao seren un xeito de incrementar o seu importe.

– Para o caso  da pensión  máxima tamén haberá  unha revalorización por riba do 2,7%, que xa estaba  prevista na Reforma das pensións, e que establece que se aplique un mecanismo compensador dun  0,115% sobre o IPC, que ten como obxectivo equilibrar a suba das bases máximas  de  cotización  e as Prestacións recibidas .

O seu importe no 2026 tras revalorizarse un 2,815% será  de  3.359,60 euros, 90 euros máis  que no 2025.

B) En Galicia destacaremos:

– O Gasto en Pensións sitúase en 900 millóns de euros e cubre a 788.254 pensionistas.

– O 71% das pensións están por baixo da pensión media de 1.163,5 euros/mes e por tanto por baixo do SMI, e delas 200.000 son pensións mínimas.

– A segunda pensión máis baixa do Estado corresponde ás provincia de Ourense e Lugo con 1.004,9 euros/ mes e 1.062,9 euros/ mes respectivamente

– O incremento medio das pensións en Galicia  no 2026, está por baixo da media  estatal, dando lugar a unha Fenda Territorial de 189 euros .

– A pensión media de xubilación de 1.333 euros/ mes, increméntase un total de 35 euros/ mes, fronte aos 45 euros/ mes no Estado e percíbena 490.023

pensionistas

– A pensión media do sistema  de 1.163,5 euros/mes, increméntase 30 euros/mes, fronte os 36 euros/ mes no Estado .

– A pensión de Incapacidade Permanente de 1.095,1 euros/mes, increméntase 29 euros/ mes, fronte os 33 euros/mes no Estado e percíbena 85.075 pensionistas

– A pensión de viuvez de 820 euros/ mes, increméntase 21 euros/ mes, fronte os 25 euros/ mes no Estado e percíbena 182.989 pensionistas

– A pensión de axuda as familias de 715,7 euros mes, increméntase 19 euros/ mes fronte os 21 / euros/ mes no Estado.

– A pensión de Orfandade de 538,4 euros/mes, increméntase 14,23 euros/ mes fronte os 14 no Estado  e percíbena 23.161 pensionistas

 É importante lembrar que dende a aprobación do Complemento  para a redución da Fenda de  Xénero e á marxe da polémica que hoxe acompaña a última sentencia do Tribunal Europeo, na que se indica debe concederse a homes e mulleres indistintamente, este complemento é un instrumento que permite elevar o importe da pensión ata un máximo de 144 euros, no caso de catro fillos.

Hoxe  cóbrano 1.185.850 persoas das que o 84% son mulleres pero isto vai cambiar ao ter que cumprirse a Sentencia  do Tribunal Europeo, que considerou que era discriminatorio para os homes, desvirtuando, entendemos, o obxectivo do mesmo que non é  outro que reducir a Fenda de Xénero nas pensións. Segundo os cálculos facilitados, a Seguridade Social vai precisar  preto de 880 millóns de euros para atender as reclamacións pendentes

Xa para rematar engadir que, se ben a revalorización das pensións no ano 2026 correspóndese coa media dos Índices de Inflación do período comprendido entre decembro do 2024 e Novembro do 2025, tamén o é que o resultado non reflexa a evolución real da Cesta da Compra  que nós Si percibimos. Esta realidade obríganos a manter a nosa HISTÓRICA REIVINDICACION DE

PENSIÓNS MÍNIMAS=SALARIO MÍNIMO INTERPDOFESIONAL=1.184 EUROS/

GOBERNE QUEN GOBERNE AS PENSIÓNS DEFÉNDENSE  .

.

Publicado en Comunicados | Deixa un comentario

Fotografías da concentración na Praza do Obradoiro o día 12 de xaneiro de 2026.

Publicado en Galeria fotos | Deixa un comentario

Nova resposta da Valedora do Pobo ó escrito de denuncia pola falta de aire acondicionado na residencia de Pontepedriña.

Publicado en Movémonos | Deixa un comentario